Santiago y TURKISH AIRLINES renuevan su convenio con la mirada puesta en Japon y Corea

Turismo de Santiago e Turkish Airlines renovaron en Fitur o seu convenio de colaboración destinado á promoción da cidade como un destino turístico na rede de destinos onde opera a aerolínea turca, nun acto ao que asistiu o alcade de Santiago, Ángel Curras. Turkish Airlines, que conta cunha conexión directa entre Santiago e Estambul, foi nomeada Mellor Aerolínea de Europa nos anos 2011, 2012 e 2013.

O convenio, asinado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, e polo director xeral de Turkish Airlines en Galicia, Yahya Sensoy, permitirá que ambas entidades desenvolvan múltiples accións de promoción de Santiago, que incidirán na oferta cultural e gastronómica da cidade. Grazas a este convenio, que non ten ningún tipo de contrapartida económica, Santiago e a conexión co hub de Turkish Airlines en Estambul poderán promocionarse en distintos eventos que terán lugar en países nos que opera a compañía, como Xapón, Corea, Rusia, Israel ou Turquía.

Precisamente, un dos aspectos nos que máis incide o convenio é na promoción de Santiago en Xapón, un dos mercados estratéxicos para a cidade en Asia, xunto con Corea. O acordo contempla a celebración de distintos actos destinados ao público xaponés tanto no país asiático como en Santiago, como presentacións, viaxes de familiarización ou festivais culturais.

Turismo de Santiago e Turkish Airlines asinaron o seu primeiro convenio de colaboración na edición de 2013 de Fitur, meses antes de que a compañía comezase a operar en Lavacolla. Este primeiro convenio, que non tivo ningún tipo de contrapartida económica, permitiu desenvolver unha importante serie accións, como a presenza por primeira vez de Turismo de Santiago na EMITT de Turquía ou a intensa actividade conxunta que se fixo en Xapón….

Etiquetas :

Compartir noticia :